『Estudantes da UDC gañan o Premio Amizade cun videoxogo terapéutico para pacientes psiquiátricos』のカバーアート

Estudantes da UDC gañan o Premio Amizade cun videoxogo terapéutico para pacientes psiquiátricos

Estudantes da UDC gañan o Premio Amizade cun videoxogo terapéutico para pacientes psiquiátricos

無料で聴く

ポッドキャストの詳細を見る

このコンテンツについて

Gael Alberto Quintela e Álvaro Martos, alumnos do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, foron galardoados co XXIV Premio Amizade do Rotary Club de Ferrol polo seu videoxogo Camiño ao fogar. O proxecto, desenvolvido como unha iniciativa de Aprendizaxe e Servizo (ApS), está pensado para a súa aplicación en sesións de terapia ocupacional, especialmente con pacientes psiquiátricos en hospitais de día ou con estancias prolongadas. O xogo busca facilitar a transición ao entorno doméstico reforzando rutinas e hábitos da vida cotiá. Gael Quintela xa fora premiado anteriormente en 2024 polas súas propostas innovadoras que combinan música, saúde mental e mecánicas xogables. Ambos estudantes recibiron un diploma e un cheque de 1.500 euros.

Estudantes da UDC gañan o Premio Amizade cun videoxogo terapéutico para pacientes psiquiátricosに寄せられたリスナーの声

カスタマーレビュー:以下のタブを選択することで、他のサイトのレビューをご覧になれます。