エピソード

  • Episodio 5: Os Reis Magos na literatura e tradición medieval
    2025/01/05
    Benvidos a este novo episodio do noso podcast! Hoxe exploraremos a figura dos reis magos na tradición medieval. Os reis magos, tamén coñecidos como os tres sabios, son figuras fascinantes que inspiraron numerosas lendas e relatos ao longo dos séculos. Durante a Idade Media, a súa historia foi enriquecida con detalles e simbolismos que reflicten as crenzas e as culturas da época. Descubriremos como eran representados na arte, na literatura e nas celebracións relixiosas, e analizaremos o seu significado simbólico e espiritual. Prepárate para unha viaxe no tempo, á descuberta de misterios e marabillas...
    続きを読む 一部表示
    10 分
  • Episodio 4: Entre a tensó medieval e o 'dissing' de hoxe
    2024/12/22
    🎙️❤️ Neste episodio, exploramos o mundo da tensó medieval e como se manifesta no mundo moderno. O 'dissing' (ou 'beef'), nacido na Idade Media, aínda hoxe ten unha presencia relevante no mundo musical. Pero como se traduce todo isto no contexto actual?
    続きを読む 一部表示
    27 分
  • Episodio 3: Ferias Medievais e Recuperacións da Idade Media
    2024/12/15
    🏰 Neste episodio, mergullámonos no fascinante mundo das feiras medievais actuais, explorando como estas celebracións históricas foron recuperadas e reinterpretadas na cultura contemporánea. 🎭 Partindo das reflexións xurdidas durante o curso de "A Literatura Románica Medieval na cultura contemporánea", analizamos como a Idade Media segue influíndo na nosa sociedade moderna. 📜 Ademais, examinaremos como a literatura románica medieval é relida e reinterpretada hoxe en día, ofrecendo novas perspectivas e significados. Únete a nós para unha viaxe no tempo que revela canto a Idade Media segue viva e presente na nosa cultura actual! ⏳
    続きを読む 一部表示
    13 分
  • Episodio 2: O amor cortés no séc. XXI (2)
    2024/12/08
    🎙️❤️ Neste episodio, continuamos coa exploración do concepto de amor cortés e como se manifesta no mundo moderno. O amor cortés, nacido na Idade Media, caracterizábase por un ideal romántico e cabaleiresco, onde o respecto, a devoción e a adoración estaban no centro das relacións amorosas. Pero cales son os conceptos básicos deste tipo de amor?
    続きを読む 一部表示
    17 分
  • Episodio 1: O amor cortés no séc. XXI (1)
    2024/12/01
    🎙️❤️ Neste episodio, exploramos o concepto de amor cortés e como se manifesta no mundo moderno. O amor cortés, nacido na Idade Media, caracterizábase por un ideal romántico e cabaleiresco, onde o respecto, a devoción e a adoración estaban no centro das relacións amorosas. Pero como se traduce todo isto no contexto actual?
    続きを読む 一部表示
    15 分
  • Episodio 0
    2024/11/24
    Quen somos e de que falaremos? Descúbreo neste Episodio 0!
    続きを読む 一部表示
    3 分